18.4.12

A sanidade pública é respaldada polo Concello do Barco


A moción do BNG aprobouse por maioría coa axuda dos votos do PSOE, mentres que o PP segue a mirar cara outro lado para non ver os ataques da Xunta á sanidade de tod@s.
 
O grupo municipal do BNG propuxo no último pleno que a Corporación municipal manifeste o seu apoio á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública, animar aos veciños e veciñas do noso concello a colaborar con esta iniciativa. Así como instar á Xunta de Galiza e á Consellaría de Sanidade a garantir a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade e a manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza.

31.12.11

Máis de 600 mozos desfrutan do rock máis reivindicativo

Música e reivindicación foron da man no senRecortes Rock o pasado 30 de decembro, onde a música dos mellores grupos da nosa área sanitaria se deu cita xunto coas reivindicacións da Plataforma que piden unha sanidade pública digna e gratuíta para todos e todas.

25.12.11

O senRecortesRock promocionase na rúa

Ao longo da mañá da Noite Boa algúns dos membros da Plataforma estivemos cun stand na Praza do Concello para promocionar o concerto que pedirá á Xunta que pare cos recortes na Sanidade Pública.

23.12.11

Comeza a conta atrás para o senRecortes Rock

Desde a Plataforma agardamos ter unha boa afluencia de xente no concerto xa que a venda de entradas está xa moi avanzada e aínda queda unha semana. A organización recomenda que a compra se faga anticipada e non deixalo para o último día na taquilla, por cuestións de conseguir unha mellor coordinación na execución e montaxe.

21.12.11

A plataforma leva as reivindicacións ao Parlamento de Galicia


A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da área do Barco fletará hoxe varios coches para acudir á concentración que a plataforma nacional SOS Sanidade Pública convoca fronte ao Parlamento de Galicia. A medida ten como obxectivo protestar contra as medidas de recorte e copago na sanidade pública que veñen sendo anunciadas e xa postas en práctica por parte da Consellería de Sanidade.

15.12.11

A reivindicación da Plataforma convértese en música para concienciar

Dende a Plataforma explicouse que “é de todos coñecido que os recortes na sanidade vai provocar que teñamos que saír á rúa máis dunha vez, lembrade a intención anunciada por Feijóo de cobrar pola estancia nos hospitais, polas próteses de cadeira, por non falar dos recortes na contratación e nos mesmos contratos (hoxe moitos deles fanse a tempo parcial para cubrir xornadas completas). Sabedes tamén -continuouse- que a dia de hoxe aínda quedan centos de persoas que lles foi desactivada a tarxeta sanitaria, polo que non teñen dereito nin a receitas nin a atención que non sexa urxente, e esta terán que pagala”.

14.12.11

As entradas do senRecortes Rock saen á venda



Esta iniciativa da Plataforma fará coincidir nun mesmo concerto, ós grupos máis solidarios da Área Sanitaria do oriente ourensán. Sen Saída, Placeres Solitarios, Navegando a Barlovento, Trasnochando e Os Cuchufellos comporán o cartel deste acto reivindicativo.

13.12.11

senRecortes Rock, un concerto que defende a sanidade pública

O senRecortes Rock xa está a punto. Porque non todo vai ser manifestarse ou berrar pola rúa, tamén podemos reivindicar os nosos dereitos sanitarios de xeito lúdico á vez que cultural.


2.12.11

Música pola nosa área

A Plataforma en defensa da sanidade pública da área do Barco ven de pechar xa os últimos preparativos para a celebración do concerto que veu anunciando ao longo desta temporada nalgunha concentración.